|
En Trascastro (Santalla) Trátase dun petroglifo da Idade do Ferro que
se encontra mal conservado. Sobre dúas laxas de xisto represéntanse 10
cazoletas e dous gravados en forma de ferradura. ¿Como chegar? dende a
estrada Cruz do Incio-Ferrería, antes de chegar a esta última aldea,
hai que coller un desvío á dereita que nos leva ata o Balneario. Dende
aquí continúase subindo por unha pista de terra ata chegar a outra que
vai pola parte alta da serra. Tras uns 600 metros por esta última, hai
que volver a baixar por outra que nos leva ata a Pedra Escrita, e
torcendo á dereita chegamos a San Mamede.
|