Ó chamado val do Incio síguelle o de Viduedo. A paisaxe é unhas veces suave i amantiña; i outras, rexa severa e grandiosa. Millor dito, os dous tipos de paisaxe danse a mao: a forte paisaxe do carballo e das fragas i a donda paisaxe dos prados e dos castiñeiro... Unha vez máis doínme de non ser pintor paisaxista. Pintaría ista terra brava de contrastes; l evaría o mundo da arte ista Galicia arredada, según decía o padriño, tan diferente da Galicia do cromo e do tópico literario. Anxel Fole. Terra Brava Andadas |  |
|
|
|