Como actividade extraescolar o Concello organizou asumindo o costo íntegro da actividade, a partir do sete de outubro, e durante o curso escolar 2008-2009 clases de inglés (impartidas por licenciado/a en filoloxía inglesa) para alumnos de educación primaria e secundaria, empadronados e residentes no Concello de O Incio.
Como consecuencia do Convenio firmado entre a Consellería de Vivenda e Solo e este Concello, comezaron as obras "MELLORA DOS ESPAZOS PÚBLICOS NA CRUZ DO INCIO (ENTORNO DO CENTRO DE SAÚDE E VIVENDAS SOCIAIS).
Esta obra ten un prazo de execución de tres meses.